Concellos galegos con máis vacas ca persoas
Cronos85
Xa non somos o país do millón de vacas que dicía Manuel Rivas, pero aínda bo é. A pesar da crise do sector gandeiro, co conseguinte peche de explotacións, había en Galicia en 2014 (último ano con datos publicados) 549.094 vacas rexistradas, segundo os datos do Sitran (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal) realizado pola Consellería do Medio Rural da Xunta e que recolle o Instituto Galego de Estatística.
As provincias da Coruña e Lugo, en especial as comarcas con máis produción leiteira (Ordes, Arzúa, Melide, Xallas, Terra Chá, Lugo, A Ulloa, Deza) acumulan gran parte destas cifras. Así, con esta elevada concentración de cabezas, hai 63 concellos galegos que teñen censadas máis vacas ca seres humanos, tendo en conta os datos do Padrón Municipal de Habitantes do INE. 12 deles (Muras, A Pastoriza, Pol, Paradela, Triacastela, Frades, Montederramo, Dozón, Rodeiro, O Páramo, Mazaricos e Mesía) teñen máis de 3 vacas por cada persoa empadroada no concello.
Os 63 concellos con máis vacas ca persoas
Son os seguintes, por provincias:
– A Coruña: A Capela, Arzúa, Aranga, Boimorto, Curtis, Dumbría, Irixoa, Mazaricos, Mesía, Monfero, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo e Vilasantar.
– Lugo: A Fonsagrada, A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Abadín, Baleira, Baralla, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, O Corgo, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Valadouro, Ourol, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada, Trabada, Triacastela e Xermade.
– Ourense: Chandrexa de Queixa, Montederramo e San Xoán de Río.
– Pontevedra: Agolada, Dozón e Rodeiro.
Os concellos con máis vacas
Porén, no concello con máis vacas de Galicia, Lalín, hai aínda máis persoas. A capital do Deza tiña en 2014 15.610 cabezas fronte a 20.044 habitantes. Por riba das 10.000 vacas figuran tamén A Pastoriza (14.664), Mazaricos (12.354), Sarria (12.046), Santa Comba (11.411), Castro de Rei (11.302), Vilalba (10.364), Lugo (10.073) e Friol (10.032).
Vacas por habitante
No mesmo sentido, hai algúns concellos que destacan pola súa densidade de cabezas bovinas por habitante. En 12 municipios, o número de cabezas triplica ao de persoas empadroadas.
Os concellos con menos vacas
No lado contrario, hai algúns municipios nos que non está censada ningunha cabeza de vacún. É o caso de Beade, A Arnoia, Pontedeva, Larouco, Mondariz-Balneario e A Illa de Arousa. Nos municipios de Leiro, Cambados, Cangas e Catoira hai só unha vaca censada.
A vaca nas grandes cidades
A situación nas grandes cidades de Galicia tamén é moi desigual. Mentres que Lugo e Santiago, cunha extensa zona rural, destacan polo seu número de gando vacún, as cifras son moito menores no resto. A lista está así:
1º Lugo (10.073); 2º Santiago de Compostela (3.207), 3º Ferrol (184), 4º Vigo (66), 5º Pontevedra (65), 6º A Coruña (15) e 7º Ourense (9).
Comments
Interesante mañana empiezo a contar a ver si es verdad.
Reportadito por hablar de VR... o eso creo, porque lamentablemente no sé galego :_(.
Seguro que el galego tambien es motivo de report xD
Buen artículo informativo, pero 66 paisanas en DinoSeto city me parecen muy pocas. Hay indocumentadas seguro :/
Pero teneis la estrella de la muerte 😛
As vacas sen matricular ou? 😂
Que bonito es el idioma Galego...buen artículo!
V!
Espero uno de narcos.
https://www.youtube.com/watch?v=gO1dSSfDZWk
A vaquiña polo que vale.
Quédome ca Caldelá.
Por certo, preto do millón en 2014, hoxe superarao https://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?paxina=001&c=0301005&ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2917&R=1[1:2:4:5:3]&C=9912[all]&F=T[1:0];2:1;3:11&S=&TI=3
JJAJAJAJA ME ENCANTA DONDE VERANEO ES UN SITIO DE ESOS JAJAJA
[Discordgames] Road to 2018
JACKPOT (it increase):
12.407CC+9.5GOLD
Day 12 erepublik.com/en/article/2658726
Day 11 erepublik.com/en/article/2658636
Day 10 erepublik.com/en/article/2658541
Day 09 erepublik.com/en/article/2658473
Day 08 erepublik.com/en/article/2658383
Day 07 erepublik.com/en/article/2658277
Day 06 erepublik.com/en/article/2658248 (last day!)
GCIENCIA rules !!
Nunca as contei, pero habelas hailas.
Basta de vacas, hoy la moda es comer Iguanas como Roderin que esta acabando con la especie.
a callar migoux
Lordfox nunca te entiendo cuando escribes ¿quien es migoux?
¿Cómo andan los niveles de metano por ahí?
Pues ya que estamos que te parece esto:
http://femp.femp.es/files/566-2117-archivo/20170125%20informe_despoblacion.pdf
En todos lados cuecen habas, excepto las costas y las grandes urbes y su area de influencia. Y esto es lo que se aviene...
mas leche que nacho vidal
Vaya ida de olla. Conozco un municipio llamado Burela que dudo tenga mas de una docena de vacas.
Fóisenos o caldeiro de rulo oh???
que se mejore
Vivan las vacas!