[ECBNP] Isto con Bartolo non pasaba

Day 5,154, 01:57 Published in Spain Cuba by X-mon

Velaquí vai a miña participación nas becas Amadeo: https://www.erepublik.com/es/article/-iapc-d-a-5139-yay--2746718

Quén é Bartolo? É o segundo presidente que coñezo trala miña resurrección. Axudoume a recuperar a org do PCeE e pouco máis sei del. Parece que 2014 foi seu ano se facemos caso ó seu pérfil.


Ata o de agora Bartolo era un violador de camioneiros, no que a min respecta.

Contextualizado o artigo, cómo sei o que non pasaba ou pasa con este home? Cecáis é un nigromante coma o do diablo II resucitando vellas glorias, xurdimos uns cantos nas últimas datas. Debería cambia-lo nome agora que se pode a Bartolo o nigromante. Non por nada, o alcume de montador non está mal, mais debería ser un título que otorgenche os demáis. Porse a un mesmo ese apelativo parece un pouco fachendoso, que sei eu...a min nunca me dixeron iso de montador, se cadra é envexa.

Bueno, non parece mal tipo este Bartolo, a ver, está no Botellón De Combate que ten un xerme galego, logo pois é boa cousa. Beben estrella, por alí andan Snergle, galizalivre...mal asesorado non estará. Outra cousa que quero comprobar, a xente non le os artigos, podo defecarme na nai dos presentes que pasa desapercibido, menos na túa benquerido lector. Ei de supor que o xurado o leera, quen sabe. Volvendo ó magro, con Bartolo alo menos semella que a cultura está de volta. É o diferencial de eR respecto os xogos do facebook de fai 15 anos.

Pois ata eiquí por hoxe, como decía o grandísimo xabarín da TVG. Quero mandar saúdos ós meus compañeiros do PCeE, á xente coa que coincidin no pasado e aínda da voltas eiquí, a miña familia e moi especialmente ó xurado que ten que valorar que artigos merecen os premios. Se non deran cartos non adicaría eu estas verbas a o excelentísimo presidente, sinceridade ante todo.